CHAMÁMONOS ASÍ
Nesta tarefa vas coñecer máis información sobre os antropónimos, é dicir, o teu nome e apelidos. Primeiro, realizarás un labor de busca de información e, despois, trasladarás a un folio toda a información que recolleches para entregarllo á profesora.
Para realizar a tarefa, segue os seguintes pasos:
1. Vas buscar información sobre o teu nome e apelidos (emprega as ligazóns que se van indicando) e recollela no teu caderno.
1.1. Información sobre o/s teu/s nome/s:
Pregúntalle á túa familia por que che puxeron ese nome.
Busca o seu significado e a súa procedencia. Fontes de consulta:
Busca nesta web do INE cantas persoas se chaman coma ti e en función dese dato indica se é un nome común ou pouco común.
Empregando a mesma páxina, comenta onde viven maiormente as persoas que se chaman coma ti e se esa distribución xeográfica pode ter algunha explicación.
Coa información desa web, anota cal é a idade media das persoas que se chaman coma ti e en que década naceron máis persoas co teu nome (podes consultar isto último no apartado "Gráfico" que aparece abaixo no centro unha vez buscas o teu nome e aparece o mapa). En función deste dato, indica se é un nome que xa se pon dende hai moito tempo ou se empezou a usarse recentemente.
1.2. Información sobre o/s teu/s apelido/s:
Busca o seu significado e a súa procedencia e indica se teñen unha orixe toponímica. Fonte de consulta:
Busca na web do INE con cantas persoas compartes o teu primeiro apelido en España (unha vez escribes o teu apelido e lle dás a "enter" tes que seleccionar a pestana "Apellido"; recorda sumar as persoas que o levan como primeiro apelido, como segundo apelido e como ambos).
Busca na web do INE con cantas persoas compartes o teu segundo apelido en España (recorda sumar as persoas que o levan como primeiro apelido, como segundo apelido e como ambos).
En función dos datos anteriores, indica se tes apelidos comúns ou pouco comúns.
Localiza na web do INE en que lugares de España viven maioritariamente as persoas que levan os teus apelidos e indica se esa distribución xeográfica pode ter algunha explicación.
2. Recolle nun folio, a man, todos os datos que localizaches. Nel debes achegar a maior cantidade de información posible tendo en conta as preguntas que fuches respondendo. Non se trata de que respondas as preguntas tal cal, senón que debes elaborar un texto no que achegues os datos. Valorarase que destaques os datos máis relevantes dentro do texto.
O traballo avaliarase atendendo á seguinte rúbrica:
Comentarios
Publicar un comentario