Publicacións

Mostrando publicacións desta data: maio, 2025

CHAMÁMONOS ASÍ

Nesta tarefa vas coñecer máis información sobre os antropónimos, é dicir, o teu nome e apelidos. Primeiro, realizarás un labor de busca de información e, despois, trasladarás a un folio toda a información que recolleches para entregarllo á profesora. Para realizar a tarefa, segue os seguintes pasos: 1.  Vas buscar información sobre o teu nome e apelidos (emprega as ligazóns que se van indicando) e recollela no teu caderno. 1.1. Información sobre o/s teu/s nome/s: Pregúntalle á túa familia  por que che puxeron ese nome . Busca o seu  significado  e a súa  procedencia .  Fontes de consulta: Nomes galegos de onte e de hoxe. Antropónimos galegos e galaicos Listado de nomes femininos en galego Listado de nomes masculinos en galego Ímoslle chamar… Dicionario dos nomes Busca  nesta web do INE   cantas persoas  se chaman coma ti e en función dese dato indica se é un  nome común ou pouco común . Empregando a mesma páxina, comenta  onde ...